A Coruña, a cidade de cristal.

"A Coruña, a cidade de cristal" nada coa intención de server como punto de encontro e información sobre A Coruña e a súa area de influenza. Intentaremos, na medida das nosas posibilidades, tratar calquera tema vencellado á vida da cidade: Historia, urbanismo, lecer, deportes, economía, sociedade, política,cultura e novidades.

martes, septiembre 19, 2006

Infraestructuras: Xunta e Concello deseñarán un plan para potencia-lo transporte

Un transporte metropolitano de verdade. O alcalde e o presidente da Xunta queren potencia-las comunicacións dentro da comarca coruñesa e, para elo, crearán un plan de movilidade. Unha solución para os contínuos colapsos das vías de entrada e saída de A Coruña como poderíao ser tamén o metro lixeiro ou a Terceira Ronda. Estas obras tamén van tomando forma, segundo Losada, polo troco de senso no executivo autonómico. A segunda reunión de ambos dirixentes non significou grandes novidades pero sí ratificar o compromiso da Xunta coa cidade. O vindeira visita será de Touriño a María Pita. Sen data concreta pero co obxetivo de ver de preto a evolución das obras de carácter autonómico.


O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, comprometeuse onte a formar unha mesa de estudo co Concello para deseñar un plan que potenciará o transporte metropolitano e favorecerá a mobilidade en toda a comarca. O alcalde visitou onte a residencia do máximo mandatario autonómico en Santiago para tratar éste e outros temas vencellados cos proxectos de futuro para a cidade e a súa área.

Losada xa adelantou fai uns días a intención do gobierno local de traballar cos rexidores dos concellos veciños para acadar unha maior presenza das liñas de autobuses . Agora, a iniciativa concrétase cun proxecto a medio prazo e co metro lixeiro ou o tren de alta velocidade como axentes complementarios para activar o transporte máis alá das fronteiras da cidade.



Con esta decisión, arránxanse as deficiencias que tanto Touriño como Losada criticaron da anterior etapa autonómica col goberno do PP. Segundo o rexidor coruñés, había proxectos que estaban, ata a chegada dos socialistas, freados e que agora volvéronse a poñer en marcha de xeito axil.


Terceira Ronda > Unha das posibles solucións para as comunicacións entre A Coruña e a súa área metropolitana a través do tráfico rodado é a construcción da Terceira Ronda. O comezo de obra dataron onte ambos representantes políticos dentro dun mes e medio. A colocación da primeira pedra, pois, levarase a cabo no mes de novembro coa presenza dalgún representante da administración galega.

Image Hosted by ImageShack.us

O presidente autonómico lembrou que o estudo de viabilidade do metro lixeiro xa está adxudicado e puxoo como exemplo dunha iniciativa desbloqueada pola Xunta do bipartito.



Outros temas dos que falaron nunha reunión breve pero intensa , segundo fontes municipais , foron as políticas de vivenda ou os proxectos de rehabilitación de distintos barrios da cidade. Touriño presumiu de que esta actuación contará cunha aportación económica de "moitos millóns de euros" .

Trala reunión en Monte Pío, Losada destacou a máxima receptividade que, segundo él, sempre atopou no goberno da Xunta, mentras que o titular do executivo autonómico valorou a permanente "receptividade amosada polo concello coruñés" nos ámbetos de traballo común das administracións dende a victoria socialista en Galicia.

-------------------------------------------------------------------------------------
Fonte das fotos: La Voz de Galicia, Concello de A Coruña
- www.lavozdegalicia.es
- www.aytolacoruna.es

lunes, septiembre 18, 2006

Urbanismo: Reforma da Praza de Vigo

A mediados do vindeiro ano, a praza de Vigo podería ter un aspecto moi distinto ó actual se se cumpren os prazos plantexados polo Concello de A Coruña sobre a reforma desta zona da cidade. Os responsables municipais veñen de sacar a concurso a execución do proxecto destas obras de mellora, ás que destinaron algo máis de 604.000 euros.

A presentación de propostas por parte das empresas constructoras interesadas en executar o proxecto deberá facerse dentro duns días, segundo indicaron fontes municipais.

Máis espazos peatonais

Unha das ideas básicas da reforma é a de dotar á praza de Vigo e ó seu entorno de máis espazos peatonais, arboredo e de novo mobiliario urbano, «además habrá una área de descanso al resguardo de la lluvia», explican dende o Concello coruñés.

Asemade sosteñen que con estas actuacións responden ás principais demandas dos veciños da zona e indican que tamén se procederá «al acondicionamiento de las jardineras, la plantación de nuevas flores y árboles y la renovación de los bancos de la plaza».

Pérgola acristalada

Un dos principais cambios da praza de Vigo será o de contar con «una gran pérgola acristalada, que se situará en la parte más próxima a la calle Federico Tapia y que servirá para descanso y resguardo de la lluvia», explican dende o Concello. No mesmo senso, indican que a mencionada pérgola estará cuberta tamén nos laterais, «para que pueda servir como refugio en caso de mal tiempo, pero también para convertirse en un punto de encuentro habitual de los vecinos que residen en este entorno».

Outra das grandes novidades trala reforma será que o tramo da rúa Emilia Pardo Bazán comprendido entre as rúas Marcial del Adalid y Menéndez Pelayo será so para peóns «creando un gran paseo para los ciudadanos», indicaron responsables municipais.

Asemade detallan que as obras de mellora preveñen a eleminación dos dous chanzos que hai na praza, na zona ó carón da rúa Federico Tapia, desprazando a canaleta de recollida de augas hacia o centro para poñer toda a superficie á mesma altura e facilita-lo paseo.

O prazo de execución das obras, unha vez que as mesmas sexan adxudicadas á empresa correspondente, é de seis meses. Con esta actuación ponse fin ás demandas de veciños e usuarios da praza de Vigo que laiábanse do que consideraban un abandono da mesma por parte dos responsables municipais.

lunes, septiembre 11, 2006

Política: Novo partido político.

Fernando Rodríguez Corcoba abordará nas vindeiras semanas a presentación en sociedade do novo partido político de cara ás eleccións municipais, previstas para maio do 2007. O voceiro dos non-adscritos xa anunciou o pasado mes de xuño a creación dunha nova formación «de centro y coruñesista». O nome darase a coñecer na primeira quincena de outubro nun acto multitudinario que terá lugar nos salóns do Palexco. O voceiro dos non- adscritos asegura que a súa nova formación conta xa con case medio milleiro de afiliados.

O ex dirixente local do PP e o líder do CDL-Galicia quedaron en verse de novo para analizar unha posible alianza electoral de cara á cita do 27 de maio, na que pretenden non só acadar presenza no Concello de A Coruña, senón facerse con algún escano na Deputación provincial. A cor elexida para representa-lo novo partido será, presumiblemente, o verde.

Economía: O porto métese no mercado internacional de contenedores

A naviera xermana OPDR, especializada neste tipo de transporte marítimo, comezou a súa actividade o día 6 de setembro. Por iso, a terminal Rías Altas xa foi acondicionada para levar a cabo as operacións de carga e descarga precisas de cara ó inicio desta nova línea.
A rotación que terán os buques será Lisboa-Lewixoes-A Coruña-Felixstowe-Rotterdam. A liña estará soportada por dous buques portacontenedores, con nome Cartagena e Casablanca.
«es la gran oportunidad de integración en las líneas Short Sea Shipping -tamén coñecidas coma as Autoestradas do Mar-, ya que establecerá vínculos con los puertos europeos más importantes. Tanto Vía Felixstowe (Reino Unido) como Rotterdam (Holanda) se puede conectar con los grandes buques transoceánicos, lo cual nos permitirá ampliar el hinterland del puerto posibilitando el acceso a mercados hasta ahora inaccesibles para nosotros» , segundo apuntan fontes oficiais da Autoridade Portuaria.


Macario Fernández sinalou que «el Puerto de A Coruña, que está realizando una inversión importante, del orden de 600 millones de euros, en el 2012 tiene que poder hacer frente a todas las mercancías que pudiera haber. El puerto tiene que ser competitivo en sí mismo pero tiene que ayudarse de todas estas plataformas logísticas de su entorno». O presidente de Portos, Vicente Irisarri, asegurou que o seu departamento presentou á UE dous programas de autoestradas do mar, para os portos de A Coruña e Ferrol, que incluen tamén á dársena de Xixón.

-------------------------------------------------------------------------------------
Fonte da foto: El Ideal Gallego
- www.elidealgallego.es