A Coruña, a cidade de cristal.

"A Coruña, a cidade de cristal" nada coa intención de server como punto de encontro e información sobre A Coruña e a súa area de influenza. Intentaremos, na medida das nosas posibilidades, tratar calquera tema vencellado á vida da cidade: Historia, urbanismo, lecer, deportes, economía, sociedade, política,cultura e novidades.

martes, septiembre 19, 2006

Infraestructuras: Xunta e Concello deseñarán un plan para potencia-lo transporte

Un transporte metropolitano de verdade. O alcalde e o presidente da Xunta queren potencia-las comunicacións dentro da comarca coruñesa e, para elo, crearán un plan de movilidade. Unha solución para os contínuos colapsos das vías de entrada e saída de A Coruña como poderíao ser tamén o metro lixeiro ou a Terceira Ronda. Estas obras tamén van tomando forma, segundo Losada, polo troco de senso no executivo autonómico. A segunda reunión de ambos dirixentes non significou grandes novidades pero sí ratificar o compromiso da Xunta coa cidade. O vindeira visita será de Touriño a María Pita. Sen data concreta pero co obxetivo de ver de preto a evolución das obras de carácter autonómico.


O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, comprometeuse onte a formar unha mesa de estudo co Concello para deseñar un plan que potenciará o transporte metropolitano e favorecerá a mobilidade en toda a comarca. O alcalde visitou onte a residencia do máximo mandatario autonómico en Santiago para tratar éste e outros temas vencellados cos proxectos de futuro para a cidade e a súa área.

Losada xa adelantou fai uns días a intención do gobierno local de traballar cos rexidores dos concellos veciños para acadar unha maior presenza das liñas de autobuses . Agora, a iniciativa concrétase cun proxecto a medio prazo e co metro lixeiro ou o tren de alta velocidade como axentes complementarios para activar o transporte máis alá das fronteiras da cidade.



Con esta decisión, arránxanse as deficiencias que tanto Touriño como Losada criticaron da anterior etapa autonómica col goberno do PP. Segundo o rexidor coruñés, había proxectos que estaban, ata a chegada dos socialistas, freados e que agora volvéronse a poñer en marcha de xeito axil.


Terceira Ronda > Unha das posibles solucións para as comunicacións entre A Coruña e a súa área metropolitana a través do tráfico rodado é a construcción da Terceira Ronda. O comezo de obra dataron onte ambos representantes políticos dentro dun mes e medio. A colocación da primeira pedra, pois, levarase a cabo no mes de novembro coa presenza dalgún representante da administración galega.

Image Hosted by ImageShack.us

O presidente autonómico lembrou que o estudo de viabilidade do metro lixeiro xa está adxudicado e puxoo como exemplo dunha iniciativa desbloqueada pola Xunta do bipartito.



Outros temas dos que falaron nunha reunión breve pero intensa , segundo fontes municipais , foron as políticas de vivenda ou os proxectos de rehabilitación de distintos barrios da cidade. Touriño presumiu de que esta actuación contará cunha aportación económica de "moitos millóns de euros" .

Trala reunión en Monte Pío, Losada destacou a máxima receptividade que, segundo él, sempre atopou no goberno da Xunta, mentras que o titular do executivo autonómico valorou a permanente "receptividade amosada polo concello coruñés" nos ámbetos de traballo común das administracións dende a victoria socialista en Galicia.

-------------------------------------------------------------------------------------
Fonte das fotos: La Voz de Galicia, Concello de A Coruña
- www.lavozdegalicia.es
- www.aytolacoruna.es