A Coruña, a cidade de cristal.

"A Coruña, a cidade de cristal" nada coa intención de server como punto de encontro e información sobre A Coruña e a súa area de influenza. Intentaremos, na medida das nosas posibilidades, tratar calquera tema vencellado á vida da cidade: Historia, urbanismo, lecer, deportes, economía, sociedade, política,cultura e novidades.

lunes, septiembre 11, 2006

Política: Novo partido político.

Fernando Rodríguez Corcoba abordará nas vindeiras semanas a presentación en sociedade do novo partido político de cara ás eleccións municipais, previstas para maio do 2007. O voceiro dos non-adscritos xa anunciou o pasado mes de xuño a creación dunha nova formación «de centro y coruñesista». O nome darase a coñecer na primeira quincena de outubro nun acto multitudinario que terá lugar nos salóns do Palexco. O voceiro dos non- adscritos asegura que a súa nova formación conta xa con case medio milleiro de afiliados.

O ex dirixente local do PP e o líder do CDL-Galicia quedaron en verse de novo para analizar unha posible alianza electoral de cara á cita do 27 de maio, na que pretenden non só acadar presenza no Concello de A Coruña, senón facerse con algún escano na Deputación provincial. A cor elexida para representa-lo novo partido será, presumiblemente, o verde.