A Coruña, a cidade de cristal.

"A Coruña, a cidade de cristal" nada coa intención de server como punto de encontro e información sobre A Coruña e a súa area de influenza. Intentaremos, na medida das nosas posibilidades, tratar calquera tema vencellado á vida da cidade: Historia, urbanismo, lecer, deportes, economía, sociedade, política,cultura e novidades.

lunes, septiembre 18, 2006

Urbanismo: Reforma da Praza de Vigo

A mediados do vindeiro ano, a praza de Vigo podería ter un aspecto moi distinto ó actual se se cumpren os prazos plantexados polo Concello de A Coruña sobre a reforma desta zona da cidade. Os responsables municipais veñen de sacar a concurso a execución do proxecto destas obras de mellora, ás que destinaron algo máis de 604.000 euros.

A presentación de propostas por parte das empresas constructoras interesadas en executar o proxecto deberá facerse dentro duns días, segundo indicaron fontes municipais.

Máis espazos peatonais

Unha das ideas básicas da reforma é a de dotar á praza de Vigo e ó seu entorno de máis espazos peatonais, arboredo e de novo mobiliario urbano, «además habrá una área de descanso al resguardo de la lluvia», explican dende o Concello coruñés.

Asemade sosteñen que con estas actuacións responden ás principais demandas dos veciños da zona e indican que tamén se procederá «al acondicionamiento de las jardineras, la plantación de nuevas flores y árboles y la renovación de los bancos de la plaza».

Pérgola acristalada

Un dos principais cambios da praza de Vigo será o de contar con «una gran pérgola acristalada, que se situará en la parte más próxima a la calle Federico Tapia y que servirá para descanso y resguardo de la lluvia», explican dende o Concello. No mesmo senso, indican que a mencionada pérgola estará cuberta tamén nos laterais, «para que pueda servir como refugio en caso de mal tiempo, pero también para convertirse en un punto de encuentro habitual de los vecinos que residen en este entorno».

Outra das grandes novidades trala reforma será que o tramo da rúa Emilia Pardo Bazán comprendido entre as rúas Marcial del Adalid y Menéndez Pelayo será so para peóns «creando un gran paseo para los ciudadanos», indicaron responsables municipais.

Asemade detallan que as obras de mellora preveñen a eleminación dos dous chanzos que hai na praza, na zona ó carón da rúa Federico Tapia, desprazando a canaleta de recollida de augas hacia o centro para poñer toda a superficie á mesma altura e facilita-lo paseo.

O prazo de execución das obras, unha vez que as mesmas sexan adxudicadas á empresa correspondente, é de seis meses. Con esta actuación ponse fin ás demandas de veciños e usuarios da praza de Vigo que laiábanse do que consideraban un abandono da mesma por parte dos responsables municipais.