A Coruña, a cidade de cristal.

"A Coruña, a cidade de cristal" nada coa intención de server como punto de encontro e información sobre A Coruña e a súa area de influenza. Intentaremos, na medida das nosas posibilidades, tratar calquera tema vencellado á vida da cidade: Historia, urbanismo, lecer, deportes, economía, sociedade, política,cultura e novidades.

jueves, octubre 26, 2006

Economía: Banco Pastor atópase entre as 100 empresas europeas que máis medran no 2006.

Banco Pastor situouse no posto 93 na edición 2006 do estudo anual Europe´s 500. Firmas medianas de rápido crecemento, xeradoras de emprego, feito pola asociación Entrepreneurs for Growth, segundo informou onte a propia entidade galega.



"Ser seleccionados por el estudio Europe's 500 demuestra, una vez más, que Banco Pastor es una empresa con visión y capacidad para cumplir los objetivos marcados", comentou José María Arias, presidente do Banco Pastor.

Das 500 empresas seleccionadas neste estudo, trinta delas son españolas, frente ás 17 do ano anterior. Ademáis, Banco Pastor é unha das seis compañías españolas que figuran entre as 100 primeiras do ranking.

A iniciativa Europe's 500, deseñada en 1996 pola Comisión Europea, é a única listaxe pan-europea sobre as empresas de rápido crecemento, xeradoras de emprego. Todos os países da Unión Europea ademáis de Islandia, Noruega e Suiza están representados nesta clasificación.





Distribución por actividades das empresas integrantes do Europe's 500


Para que unha compañía sexa considerada debe ter canto menos unha antigüidade de catro anos, empregar a mási de 50 profesionais a finais do ano 2002 e menos de 5.000 a data de decembro de 2005, así como obter resultados anuais positivos en canto menos un dos tres últimos exercicios.

A entidade financeira atópase de cheo nun proceso estratéxico de crecemento ó final do cal agarda triplica-lo seu tamaño. Polo de pronto, o Pastor amosará os seus resultados a vindeira semana.

--------------------------------------------------------------------------------------

Fonte da nova:

- www.elidealgallego.com

- http://news.investinfrance-nordic.org/11/index-filer/breakdown_1.gif

miércoles, octubre 25, 2006

Urbanismo: O Concello e a Consellería de política territorial colaborarán na redacción da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Concello e a Consellería de Política Territorial colaborarán na redacción da revisión do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal datado de 1998 da cidade. Así o acordou o último Consello da Xunta coa finalidade de actualiza-lo plan para o futuro desenvolvemento urbanístico da cidade.



PXOM A Coruña 1998


As dúas administracións cofinanciarán a redacción do renovado Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Para elo, asinarán de seguido un convenio para contar cun plano que persiga un desenvolvemento urbanístico equilibrado e sostible e artellado para o futuro desenvolvemento da cidade.

O novo documento que fará o Concello estará adaptado ás novas normativas e regulamentos, incorporará a reordenación do ámbito portuario e un estudo sectorial sobre infraestructuras de comunicacións. Ademáis, incluirá estudos sectoriais relativos a espazos e políticas ambientais, sobre zonas empresariais e loxísticas e, finalmente, sobre equipamentos e dotacións públicas.

--------------------------------------------------------------------------------------

Fonte da nova e imaxes:

- www.aytolacoruna.es

- www.xunta.es

Economía: Caixa Galicia á busca de inversores para crear unha industria médica galega.

O director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez López, manifestou fai uns días o interese da entidade financeira coruñesa por "crear una industria médica y clínica" a nível autonómico para o cal iniciouse o proceso de "búsqueda de inversores para atraer los fondos necesarios".

Esta iniciativa enmarcaríase na política de Caixa Galicia no área da saúde, que se desenvolve a través da súa Obra Social, fundamentalmente en materia deTerceira Idade, para a que se financian na actualidade diversos campos de investigación e se sosteñen varias residencias de asistencia para maiores.




Méndez López realizou estas declaracións no transcurso da presentación da denominada "Semana de la salud", unha acción coordinada polo profesor Alfonso Castro Beiras, director do Instituto de Ciencias da Saúde da Universidade, e auspiciada pola entidade financeira coa finalidade de "transmitir cuáles son los conocimientos imprescindibles para gozar de buena salud", segundo declarou o citado Castro Beiras.

CXG Corporación Caixa Galicia merca o 1% de Galp> CXG Corporación Caixa Galicia ven de adquirir o 1% de Galp coincidindo coa saída a bolsa da compañía portuguesa. Esta porcentaxe súmase ó 4,5% que a entidade ten na empresa enerxética lusa de xeito indirecto, a través de Investimentos Ibéricos, sociedade participada por CXG Corporación Caixa Galicia (45%) e Américo Amorim (55%).

Con esta toma de participación, Caixa Galiciaa consolida a súa posición no sector enerxético ibérico, ó dispoñer de preto do 10% en Unión Fenosa e un 5% en Sacyr, que recentemente adquiriu un 9,24% do capital de Repsoll. En empresas non cotizadas controla un 25,93% en Reganosa, 20% en Norvento e o 10% de Gas Galicia.

--------------------------------------------------------------------------------------
Fonte da nova:
- www.elidealgallego.com

- www.xornal.com

sábado, octubre 21, 2006

Toponimia: "A Coruña", "La Coruña" ou "Coruña"

Marón apoia no topónimo a Romeu e o BNG pide ó PSdeG que se aclare
A polémica en torno ó topónimo continúa. Ás declaracións dos socialistas volven a atoparse coas do BNG.



A voceira do Concello de A Coruña, Carmen Marón, expresou a súa conformidade coa convivencia entre a supresión do artigo e empregar o topónimo da cidade co artigo en castelán e en galego, en función do idioma empregado. Marón coincidíu, deste xeito, coa postura adoptada polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Administracións Públicas, José Luis Méndez Romeu, e antigo compañeiro municipal.

A voceira precisou que dende o seu punto de vista "personal" calquera das opcións parécenlle "bien" , aínda que subliñou que "el nombre de la ciudad será el que los coruñeses quieran, siempre respetando la legalidad". "No se debe imponer un nombre sobre otro", afirmou poñendo coma exemplo a cooficialidade no topónimo da capital vasca, Álava e Araba.
Pola súa parte, o diputado nacionalista Carlos Aymerich afirmou que o debate xerado por Romeu é "irresponsable", y pidió al PSOE que aclare su postura. "Non sei se pensa votarse fóra do PSOE, pero debería esquecerse das súas amizades, servir aos intereses xerais e preocuparse como conselleiro de Xustiza de que a lei se cumpra", declarou. "É curioso que apareza esa cuestión cando existe unha disposición do Tribunal Supremo que non deu a razón o Concello da Coruña", engadiu.




"Chulerías" > A Mesa pola Normalización Lingüística insistiu en que o conflicto polo emprego do topónimo "A Coruña" non está na forma do termo, senon na "chulería e prepotencia" do conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, tralos "graves insultos e a súa mofa" dos acuerdos do Parlamento e as sentenzas xudiciais que defenden o topónimo galego. Segundo o presidente de A Mesa, Carlos Callón, o conselleiro "perdeu totalmente os papeis" ó chamar "fundamentalistas" ós movementos que abogan polo emprego e a defensa do termo galego.
Callón pediu, ademáis, que a Xunta "desautorice" as verbas de Méndez Romeu para "non ver gravemente afectada a súa credibilidade". Asemade, A Mesa lembrou que "dende 1994" gañou todas as sentenzas xudiciais en defensa do topónimo A Coruña e destacou que "se Méndez Romeu está enfadado é o seu problema particular".

-------------------------------------------------------------------------------------

Fonte da nova: El Ideal Gallego.

- www.elidealgallego.com

jueves, octubre 12, 2006

Urbanismo: Reforma da Praza de Pontevedra.

O primeiro edil sinalou que antes do remate deste ano saberase cal é o proxecto escollido. Indicou que os trámites faranse "con celeridad" . Agárdase tamén que no exercicio do 2007 comencen as obras e se se cumpren as previsións a nova praza estará rematada no 2008.

O alcalde sinalou que os sete prantexamentos presentados supoñen unha "apuesta diferente" que vai dende a "plaza fría" ata os modelos típicamente xaponeses.



Os veciños, que están incluidos no xurado a través da federación, asinaron un convenio co Concello polo cal éste destina ás asociacións 36.000 euros anuais. O presidente, José Folgueira, pediu a unión entre as entidades da cidade e do área metropolitana.

De seguido amosámosvos as diferentes propostas:

"Topos": Unha aposta polo lecer e o deporte.

O proxecto "Topos" plantexa elevar un espazo da praza, de xeito semellante a como estaba fai varios anos. O arquitecto anónimo propón no seu deseño para a praza de Pontevedra a dinamización da zona xerando espazos sociais e para o deporte.

Asemade propón a construcción de varias pistas deportivas, sen especificar de qué tipo. Xunto a elas ten a idea de manter unha cafetería e un conxunto de locais comerciais. A proposta tamén inclúe a presenza de zonas verdes. O orzamento que o Concello debería destinar a "Topos" é de 1.176.646 euros.

"Fases": A Natureza organiza os espazos.

Esta proposta sostén que os espazos verdes sexan un alicerce básico dentro da praza de Pontevedra. A Natureza como elemento fundamental na estancia.


O arquitecto propón en "Fases" un grande arboredo formado por varias palmeiras, tamarindos e magnolias. Ó redor deles proxéctase construir unha cafetería e varios locais comerciais. A presenza dunha fonte é outra das características. O proyecto, que mantén as paradas do bus, conlevaría o desembolso duns 1.176.647 euros.

Un boulevar entre os dous centros:

Con 1.170.817,82 euros de orzamento de execución material, este proxecto plantexa a creación dun novo paseo peatonal entre o instituto e o colexio Eusebio Da Guarda.

Imagen hospedada por Subir-Imagenes.com

Este proxecto é o máis sobrio dos sete presentados, cunha limpeza de liñas xera un grande espazo urbano básico na zona centro de A Coruña. A austeridade e a parquedade leva ó arquitecto á seriedade na elección das zonas verdes e a decidir non plasmar ningún tipo de espazo social coma cafeterías ou pistas deportivas.

"El encuentro de los opuestos": O auga e as esculturas danse a man.

O proxecto presentado baixo o lema "El encuentro de los opuestos" decántase por recrear un espazo natural, cun estanque situado case no centro da praza, e rodeado de barreiras vexetais a xeito de protección contra a contaminación acústica.

Imagen hospedada por Subir-Imagenes.com

O autor aposta ademáis por crear un pequeno parque infantil así como diversas pezas escultóricas, que constitúen os elementos máis orixinais deste proxecto respecto ós demáis.

En canto ós accesos, deseña cinco entradas e camiños peatonais dende tódolos puntos. O orzmento de execución material suma 1.175.000 euros.

"Bambú": Espazo aberto e habitado pola luz.

Un lugar pensado para pasear é o que presenta o arquitecto autor do proxecto que responde ó lema "Bambú". Converte a praza de Pontevedra nun espazo aberto e diáfano, pensado para o peón.

Imagen hospedada por Subir-Imagenes.com

Inclúe, iso sí, diversos elementos para o descanso do viandante: un sector central de bancos e un de grandesgradas que confiren á praza nunha forma de chanzos moi característica.
Paradas > O autor redeseña as paradas de autobús para, deste xeito, sintonicen co entorno. A luz e o peón son, sen dúbida, os protagonistas do conxunto "Bambú".


"Reemplaza": Construcción dunha biblioteca e un miradoiro.

É, dos sete proxectos, o que maior edificación propón. Ó presentado baixo o lema "Reemplaza" aposta por levantar unha biblioteca con cafetería no medio da actual praza de Pontevedra, ademáis dun miradoiro.

Imagen hospedada por Subir-Imagenes.com

O espazo valeiro que deixan as edificacións estará protagonizado pola auga, cun longo estanque que percorre a praza prácticamente na súa totalidade.

Orzamento > O proxecto ten un custo que ascende a más de 1,6 millones de euros e propón tamén xogos para rapaces. Nas tonalidades dominan os marróns en xeral.


"Avchca_1:53": Unha cuberta para a praza.

Cun lema que semella un dos códigos da Nasa, "Avchca_1:53", preséntase o proxecto máis caro dos seete, cun orzamento de 3,5 millóns de euros.

Imagen hospedada por Subir-Imagenes.com

O máis característico é que propón cubri-la praza case na súa totalidade. É o único que aposta por instalar unha cuberta. Ademáis, o arquitecto autor deste deseño vai máis alá da praza en sí, e plantexa unha reordenación total do tráfico na zona, trocando por completo a circulación actual. Preténdese, deste xeito, axudar a certos xiros e cambios de senso arestora imposibles na praza de Pontevedra.

-------------------------------------------------------------------------------------
Fonte da nova e fotos: El Ideal Gallego
- http://www.elidealgallego.com/