A Coruña, a cidade de cristal.

"A Coruña, a cidade de cristal" nada coa intención de server como punto de encontro e información sobre A Coruña e a súa area de influenza. Intentaremos, na medida das nosas posibilidades, tratar calquera tema vencellado á vida da cidade: Historia, urbanismo, lecer, deportes, economía, sociedade, política,cultura e novidades.

lunes, noviembre 06, 2006

Historia: A primeira imaxe completa da cidade pintouna un italiano no 1669


Este acuarelista formaba parte do amplo séquito do príncipe Cosme III de Médicis
A obra consérvase na Biblioteca Medicea Laurenziana, en Florencia


A primeira imaxe completa de A Coruña custódiase en Florencia, na Biblioteca Medicea Laurenziana. É obra do pintor e arquitecto Pier Maria Baldi, un dos membros do séquito que acompañou a Cosme III de Médicis durante a visita que éste, príncipe de Toscana, realizou á cidade no ano 1669.

O membro da ilustre saga de mecenas chegou á Coruña o 7 de Marzo dese mesmo ano. Agardou durante varios días a chegada duns galeones ingleses que lle tiñan que levar a Plymouth. Finalmente, cando os ventos foron favorables, partiu. Fíxoo o día 19 dese mes. En todo intre estivo acompañado polo seu séquito, que en número non tiña a costume de baixar de trinta persoas. Unha delas era o citado Baldi, que realizou uns fermosos bocetos que, máis tarde, en Florencia, transformou nunha abraiante acuarela.

A Coruña por Pier Maria Baldi


No 2004, a Xunta realizou unha exposición sobre a visita de Cosme III de Médicis a Galicia, a onde entró por Tui o 1 de marzo do 1669. No catálogo da mostra, incluíase a imaxe da Coruña. Pero foi agora cando se publicou por primeira vez coma lámina, en concreto coma apoio do libro A cidade da Coruña que visitou Cosme III de Médicis , obra de Xosé A. Neira Cruz. O libro, deseñado por Galicia Comunicación para a Fundación Caixa Galicia, é un relato polo miudo da estancia do príncipe toscano nestas terras. Por primeira vez, os textos sobre A Coruña dos cronistas que acompañaron a Cosme III foron traducidos ó galego, ó castelán e ó inglés. Ata o de agora, so podían ser consultados no orixinal, italiano antigo.

Xosé A. Neira Cruz, profesor na Facultade de Xornalismo de Santiago, confirma que a de Baldi é a primeira imaxe que hai da Coruña, ata entón so representada en plano. Das duascentas ilustracións que inclue o libro dese viaxe (que incluíu outros países) do príncipe, a herculina «é unha das máis bonitas, e a única feita en panorámica, case en cinemascope . Debeulle impresionar a orografía desa cidade».

--------------------------------------------------------------------------------------
Fonte da nova:

- http://www.lavozdegalicia.es/ed_corunia/noticia.jsp?CAT=127&TEXTO=5256297