A Coruña, a cidade de cristal.

"A Coruña, a cidade de cristal" nada coa intención de server como punto de encontro e información sobre A Coruña e a súa area de influenza. Intentaremos, na medida das nosas posibilidades, tratar calquera tema vencellado á vida da cidade: Historia, urbanismo, lecer, deportes, economía, sociedade, política,cultura e novidades.

jueves, abril 05, 2007

Historia: Louzao.

"Que fai ese mercedes amarelo ahí arriba?" preguntábanse moitos coruñeses e foráneos cando entraban á cidade pola Avenida de Alfonso Molina.

O concesionario da vella Louzao-Mercedes foi derrubado, a empresa de demolicións encargada do traballo foi a mesma que opera coa UTE Langosteira na construcción do Porto Exterior, Usabiaga.

No alto da torre do antigo complexo automobilístico, un modelo, xa esquecido por moitos, do que antano era "cool", un fermososo w115 amarelo ovo, que saíu ó Mercado alá polo ano 1967.








Este chamativo turismo foi o terceiro que ocupou este garaxe tan privilexiado, xa que lle precederon un Mercedes 170 descapotable -que se aparcou durante os anos 40-, ó que lle seguiu un modelo 180 de sete prazas, e, posteriormente, chegaría este automóbil que na actualidade podería custar máis de 30.000 euros (cinco millóns de pesetas). O que poucos saberán, é que o automóbil non é o orixinal, que foi vendido a un coleccionista fai máis de doce anos.


Ernesto Rumbo, da empresa Louzao, explicaba fai uns días que esta «especie de maqueta» foise facendo con pezas do taller. «Se compró el chasis, se le pusieron las puertas, pero no tiene ni motor, ni transmisión, ni nada de mecánica. Como era también amarillo y estaba allá en lo alto, dio el pego, y muchos pensaron que era el mismo», desvelou.

A desaparición do Mercedes non é o único símbolo que di adeus á transitada avenida de Alfonso Molina, posto que a nave na que estaba estacionado era un edificio de recoñecido prestixio. Obra do arquitecto Domingo Tabuyo, foi o primeiro inmoble construido con formigón ó aire, modelo que logo copiouse no edificio Utande (futura sede de Brico King) e no de Norcontrol (ámbolos dous pegados á N-VI, ó seu paso polo concello de Bergondo).


Cóntase que o dono do salor é o de COMAR, aínda non se sabe que se fará exactamente neses terreos. O actual PXOM califica o terreo de industrial pero en vindeiras datas, e de cara á modificación e aprobación do novo PXOM, este solar podería ser recalificado.


Ata sempre, vella Louzao.



--------------------------------------------------------------------------------------
Fonte da nova e imaxes:

domingo, febrero 25, 2007

Urbanismo: Propostas da refoma de "La Marina"

bBig: Este proxecto aposta por xerar grandes espazos públicos, prazas e paseos peatonais en todo o entorno da dársena. Cunha vía soterrada entre a avenida de Alférez Provisional o Cantón Grande. Aposta por peatonalizar e por un paseo con árbores. Na Marina, proxecta unha praza aberta ó mar e con estanques de auga e un espazo comercial e de ocio na zona do Parrote, baixo unha cuberta de madeira. Prazo de execución das obras: 18 meses. Orzamento: 16.058.150 euros.




Bulevar: Propón concentrar o tráfico nun corredor central a dous níveis: soterrado para os que teñan orixe ou destino a praza de María Pita ou a praza de España, e o resto en superficie. Elimina o aparcamiento en superficie e crea dous parkings cun total de 1.243 prazas no Parrote e na Marina. Amplía o bulevar e crea un paseo con 140 puntos de luz. Propón construir unha estructura de formigón porticada que permite controlar os accesos á zona de viaxeiros. Ademáis, inclúe un edificio de oficinas, ó final do Parrote, e na súa cuberta unha praza e miradoiro. O orzamento total é de 17 millóns e un prazo de execución de entre 18 e 20 meses.




Enlazando Parques: Cun prazo de execución das obras de 20 meses e cun orzamento de 21.429.390 euros., plantexa unha praza que funciona coma antesala a un xardín botánico e un novo parque con especies galegas. Propón un miradoiro, como organizador de circulacións e cunha cafetería e un paseo ata Palexco. Ademáis, propón una praza con xogos de auga, unha aula náutica e un espazo cultural. O tráfico iría soterrado en Alférez Provisional e avenida daMarina ata enlazar co túnel de María Pita. En total, 680 metros de túnel. O acceso en superficie estaría restrinxido ós residentes e ó transporte público. Propón crear 950 novas prazas en dous aparcamientos.


Fjradjjpdpjmjsc: Plantexa unha obra en tres fases e cun orzamento de 13.600.000 euros. Para a integración do espazo portuario e a cidade, potenciando o transporte público. Propón instalar horquillas de acceso para limita-la entrada dos coches ó centro. Aparcamientos para residentes. O proxecto concibe a dársena coma arco que se mira a sí mesmo, propoñendo un escalonamiento dos bordes que descenden ata o plano da auga, na zona do Parrote. O outro arco prolóngase ata a fachada dianteira da praza de María Pita a través dun espazo diáfano. Para a Dársena, propón un intercambiador de autobús urbanos, coa liña do tranvía proposta. O peirao de Trasatlánticos ábrese totalmente ó uso cidadán, coun sistema de atraque para barcos a 20 metros do linde existente para compatibilizar este uso cos regulamentos de seguridade náutica. Na zona do Parrote, plantexa un aparcamiento de 100 a 200 plazas e que Palexco quede integrado no espazo.




Impresa la letra Pi: Pretende recupera-la conexión entre cidade e zona portuaria. Inclúe un elemento de pérgola lixeira e aberta, que permite o percorrido completo ó redor da dársena sen altera-la vista das galerías. E tamén permite o disfrute peatonal da dársena sn enterra-lo tráfico. Amplía as zonas verdes e o parque infantil. Crea un zoco para feiras baixo o muro do Parrote e crea un espazo de lecer, praza viva con tendas bares e demáis, recuperando os talleres de astilleiros do Parrote. Propón construir un edificio para servicios sociais e públicos. Crea solariums e piscinas públicas flotantes no peirao da Solana. Habilita un aparcamiento soterrado na Dársena e plantexa xerar unha área aberta e vacía para usos múltiples. Dota o borde do peirao de Méndez Núñez de xogos de auga (chorros, géiser, fontes) que reproduzan espectáculos de auga, luz e cor.



Porto Vello: Propón un aparcamiento oterrado e un túnel para o tráfico. Para a zona da Marina, plantexa un novo xardín pechado con arbustos, pavimento de granito e ensanchamento das beirarrúas para dar máis espazo ós peatóns. Potencia-lo máximo a calidad urbana e elimina-las barreiras entre a cidade e o porto, potenciando, polo tanto, o carácter peatonal do espazo. Asemade, incorpórase no espazo ós peiraos de Batería e Calvo Sotelo. Propón que todas as vías sexan dun único sentido da circulación e unha nova Marina no peirao de Trasatlánticos. Para o peirao de Calvo Sotelo, propón instalar edificios institucionaes y un edificio de equipamento público. Para o peirao de Batería, un edificio público. Plantexa crear unha praza na parada do Parrote, cun bar-miradoiro. Prazo das obras: 20 meses. Orzamento de 31.224.896,17 euros.




Reflejo del pasado: Recurre á pedra como elemento unificador do pavimento, co vidro e o aceiro para os elementos construidos. Abre lucernarios sobre a antiga muralla. Amplíase o paseo dea Marina. Plantexa o tráfico de superficie na zona da Marina e tráfico soterrado en ámbolos dous lados cun un parking no centro. Prolonga o carril bici e elimina o valado que separa o Puerto de Ocio e Palexco.Propón un pavillón en vidro e aceiro para albergar un centro de divulgación da historia da cidade, así coma unha praza lixeiramente elevada no Parrote. Tamén propón un edificio en vidro e aceiro para cafetería na zona e galerías comerciais.



Revaloriza: Este proxecto propón establecer ata tres níveis na zona da Marina, un para a circulación soterrada, outro para unha zona de uso comercial e cívico á que se accede mediante unha escalinata, e na superficie terrazas e zonas de paseo con vistas ó mar. Establece un túnel para o tráfico dende a altura da Diputación ata enlazar co túnel de María Pita. A circulación en superficie estaría restrinxida ós servizos públicos. Propón un edificio para unha Terminal Marítima e unha torre de 20 andares de altura para oficinas. Propón unha ponte levadiza entre o peirao de Trasatlántico e o castelo de San Antón. A primeira fase das obras faríase en 24 meses e la segunda, en 12 meses. Orzamento total: 51.348.347 euros.



Sal Marina: Este proxecto propón novas instalacións, como unha estación marítima, un clube de vela no Parrote, un café miradoiro, un centro comercial, un miradoiro ascensor panorámico, unha praia artificial en San Antón e amosa-los restos arqueolóxicos da muralla. Tamén plantexa dividir o tráfico en superficie e soterrado e potencia-lo tranvía e o carril bici, con prazas e bulevares no entorno da Marina e do porto. Prazo deas obras: 20 meses. Orzamento total: 20.127.325 euros.





Senadar: Propón un pavimento de terrazas e paseo ó borde da auga de tarima de madeira de teca. Propón peatonaliza-la subida hacia a Cidade Vella para miradoiros e terrazas. Tamén inclúe un edificio con locais comercis e de lecer. A súa cuberta será unha terraza prolongación do Paseo do Parrote. El Centro de Ocio intégrase cun paseo de madeira e palmeiras e suprimindo o peche do porto. Propónse soterra-lo tráfico dende a avenida da Marina e Alférez Provisional, ambas á altura da Autoridade Portuaria, volvendo a sacalo no paseo á altura da Solana. En superficie só quedaría o tráfico de servizo local e vehículos de emerxencia.




Urban 07: Este proxecto propón o emprego do espazo colindante coa Solana para uso científico e de divulgación, creando, por exemplo, o Museo do Auga. Propón unha circulación peatonal para uni-los peiraos mediante unha ponte levadiza, ademáis de soterra-lo tráfico. Plantexa terrazas de bares e restaurantes na zona da Marina e o Parrote. Prazo de execución das obras de 18 meses, cun orzamento total de 57.478.154,02 euros.



--------------------------------------------------------------------------------------

Fonte da información e imaxes:

- www.lavozdegalicia.es

- www.coruna.es

viernes, diciembre 01, 2006

Historia: A xénese castrexa .

Sobre un outeiro de 115 metros, alonxado dos caprichos do mar e nunha situación onde podían ver pero tamén ser vistos, os primeiros habitantes da cidade levantaron o Castro de Elviña hai xa máis de 2.000 anos.

Click na imaxe


Situación> O Castro de Elviña atópase no Concello de A Coruña, na Parroquia de San Vicente de Elviña, preto do núcleo de poboación actualmente chamado “Castro de Elviña”, nas inmediacións do polígono industrial de P.O.C.O.M.A.C.O e dos campus universitarios de Elviña e A Zapateira.



Click na imaxe


Descripción> Elviña é un xacemento que non foi excavado en extensión, é decir, non se excavou toda a súa superficie, por iso son poucas as estructuras que hai en comparación co seu grande tamaño. Ó longo dos traballos fóronse poñendo ó descuberto, e incluso consolidando e restaurando, as estructuras que hoxe pódense observar:

· Murallas “Valados”: Hai varios lienzos de muralla que rodean as zonas diferenciadas no xacemento. Unha rodea a “Acrópole” ou “Croa”, que é o barrio más superior. Outra inferior que rodea o que podería ser outro barrio da aldea. O seu grosor é de aproximadamente 4 metros. Recentemente puxéronse ó descuberto tramos das mesmas. O seu sistema constructivo é de mampostería de pedras de granito, pedra abundante na zona.





Murallas da Croa


· “Acrópole” ou “Croa” : É o recinto superior dende o cal albíscase a Bahía da cidade de A Coruña e a “Torre de Hércules”. Nela fixéronse algunhas sondaxes nos anos oitenta, atopando restos que a simple vista semellan casas e a muralla orixinal, estase a revisar na actualidade.

·Casas: Repartidas por toda a parte excavada xa. Hainas tanto de pranta rectangular coma circular, nas que foron atopados moitos materiais, coma molinos de man, circulares e os chamados de “vaivén”, cerámicas, fogares, elementos de metal coma fíbulas e destaca entre elas a “Casa do Tesouro” na que foi atopada o “Tesouro de Elviña” formado por una diadema, una gargantilla, 13 contas de collar e un colgante, todo de ouro.

Casas


·Entrada á “Acrópole” ou “Croa” : Sita no Norleste do castro e consta dun torreón circular á esquerda e unha rampa enlosada á dereita. Arestora está xa tan reconstruida que non se pode apreciar que queda orixinal dela. Hai testemuñas da existencia duns escalóns que conducían a un “camiño de ronda” que percorrería toda a muralla no seu interior, actualmente non se conservan.


Entrada á Croa con torreón e rampa



·Poza e canles para a recollida de auga: Ó carón da entrada á esquerda do torreón hai unha poza que tivo unha cuberta abovedada, publicouse coma “garita de centinela”, aínda que se atoparon canles tallados na rocha que van a confluir na pozo, canles que servirían para recoller e conduci-la auga de choiva ata o mesmo.

Entre as estructuras de Elviña hai algunhas moi chamativas, trátase de dúas construccións:
Unha a chamada “Templo do Ídolo Fálico” , é unha habitación de grandes dimensións de forma oval, construida en paralelo á muralla da “Acrópole” ou “Croa”, e adáptase á forma da rocha sobre a que se apoia. Ten un banco adosado ás paredes, o que se chama un “banco corrido”. No seu interior apareceu un relieve nun sillar de granito que foi denominado “Ídolo Fálico” e unha placa de pizarra con inscripción.

Outra estructura é o que se chamou “Casa da Exedra” . Nela atopáronse restos de edificacións circulares misturadas con outras de tipo rectangular. Chamóuselle da “exedra” por mor de atoparse nun dos lados un muro con forma circular que semellaba un ábside, aínda que despois, durante excavacións de Felipe Senén, descubríronse restos de muros redondos ó outro lado, o que fixo supoñer a algúns que se trate de casas circulares, as cales, máis tarde refixéronse con casas de muros rectos. Os restos atopados no seu interior indican que vivían familias acomodadas, xa que había restos do enlucido das paredes no seu interior e material romano.



Por último a estructura máis chamativa do xacemento, polo seu tamaño, dificultade na construcción da mesma e pola utilidade para a comunidade que alí vivíu. A "Fonte-Alxibe" de forma rectangular. É unha enorme poza con chanzos hacia o interior. A súa función sería a de recolle-la auga que se filtraría polas características do terreo e acumularíase na cubeta formada polos chanzos, para abastece-la aldea. Un muro de pedra con dúas entradas nos lados menores debeuse construir en etapas modernas, estímase que no século XVIII, para evita-la caída do gando no interior do Alxibe.






Fonte-Alxibe


Nunha próxima entrega amosarémosvos o "Proxecto Artabria" , chamado a rexenerar o complexo arqueolóxico deste castro. Un dos proxectos culturais máis importantes da cidade nos vindeiros anos.

--------------------------------------------------------------------------------------

Fonte da nova e fotografías:

- www.celtiberia.net

-www.elpater.com/artabriatxt.html



viernes, noviembre 10, 2006

Cultura: Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.

Antecedentes> No mes de xuño do 2005, o presidente do Gobierno Central, José Luis Rodríguez Zapatero, anunciaba a designación definitiva de A Coruña como futura sé do Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía, impoñéndose así a outras candidatas como Barcelona, Valencia ou Sevilla.

Image Hosted by ImageShack.us

Descoñecíase entón cal sería a ubicación definitiva do museo. As cábalas e ruxe ruxes apuntaban á fábrica de tabacos e á antiga prisión provincial coma candidatas principais. De feito, cumprían cos requisitos esixidos para o museo, tanto por espazo, coma por emprazamento,xa que pretendíase integralo na urbe, sen ter que construilo fora da cidade.

A realidade, formalización> O alcalde, Javier Losada, asinou co secretario de Estado de Universidades, Miguel Ángel Quintanilla, e o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, o protocolo xeral para a instalación na cidade do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. A sé estará situada no edificio "Prisma de Cristal", na avenida de Labañou.

Image Hosted by ImageShack.us

O alcalde afirmou que "con este protocolo se inicia el proceso para instalar eb la ciudad el Museo Nacional de Ciencia y tecnología, un centro de divulgación científica y un proyecto educativo y cultural que demuestra que el Gobierno de España cumple sus compromisos". A visita do secretario de Estado de Universidades á cidade comezou coa sinatura no Libro de Oro. De seguido, procedeuse á sinatura do protocolo de colaboración entre as tres administracións. Pola tarde, procederon a realizar hvisita ó edificio "Prisma de Cristal".


Image Hosted by ImageShack.us

Orzamento> A futura sé do museo foi financiada pola Deputación con 10 millóns de euros destinada á construcción deste emblemático do que ía ser, orixinariamente, o Centro de Danza. O proxecto expoñeuse no Museo de Arte Moderno de Nova York (MOMA) e agora exhíbese no Xardín Botánico de Madrid no contexto da mostra "Arquitectura en España".

Plan estratéxico> A inauguración de "Prisma de Cristal" encádrase nas accións que o Ministerio de Mercedes Cabrera leva a cabo por mor do Ano da Ciencia en 2007. Outra das iniciativas que hexplicou a Ministra de Educación e Ciencia foi o pulo de entidades dedicadas á formación en materia de cultura científica. Para aproveitar ó máximo os centros xa existentes, promoverase o traballo en rede dos museos de ciencia e tecnoloxía.

Image Hosted by ImageShack.us

Cabrera sinalou que “a estos museos, queremos sumar una red local de agentes de cultura científica, cuyo papel será llevar a todos los rincones del país, en sintonía con las corporaciones locales, contenidos de ciencia y tecnología de acuerdo con las peculiaridades e intereses de cada área”.

Os autores> Os autores do proxecto arquitectónico, Victoria Acebo e Ángel Alonso, concibiron o edificio como algo simple: «Un espazo para facer cousas; versátil e con conectividad entre todas as súas salas, e para mover grandes pezas no seu interior». Segundo explicou onte Alonso, trátase dun cubo de cristal e formigón «pensado para a arte e a sociedade, non como un edificio especializado». Por iso recibiron «con satisfacción» a noticia de que o Prisma de Cristal será a sede do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. «Ante a posibilidade de que non fose nada, é unha boa alternativa que albergue o museo, sobre todo porque así se pode ir adquirindo o costume de usar os investimentos públicos, porque cheguei a pensar que non se ía a utilizar», comentou Alonso.

Image Hosted by ImageShack.us

O arquitecto aclarou que haberá que realizar «axustes mínimos» para adaptar o edificio ao seu novo uso. O prisma ten unha superficie de 5.000 metros cadrados, distribuídos en cinco andares superpuestos con estrutura de formigón e dobre fachada de cristal.


--------------------------------------------------------------------------------------
Fonte da nova e fotografías:

- http://www.xornal.com/article.php3?sid=20061021205548

- http://www.noticias.info/asp/aspComunicados.asp?nid=237873&src=0

- http://www.lavozdegalicia.es/ed_corunia/noticia.jsp?CAT=127&TEXTO=5208777

- http://www.lavozdegalicia.es/se_sociedad/noticia.jsp?CAT=105&TEXTO=5211442&idioma=galego



lunes, noviembre 06, 2006

Historia: A primeira imaxe completa da cidade pintouna un italiano no 1669


Este acuarelista formaba parte do amplo séquito do príncipe Cosme III de Médicis
A obra consérvase na Biblioteca Medicea Laurenziana, en Florencia


A primeira imaxe completa de A Coruña custódiase en Florencia, na Biblioteca Medicea Laurenziana. É obra do pintor e arquitecto Pier Maria Baldi, un dos membros do séquito que acompañou a Cosme III de Médicis durante a visita que éste, príncipe de Toscana, realizou á cidade no ano 1669.

O membro da ilustre saga de mecenas chegou á Coruña o 7 de Marzo dese mesmo ano. Agardou durante varios días a chegada duns galeones ingleses que lle tiñan que levar a Plymouth. Finalmente, cando os ventos foron favorables, partiu. Fíxoo o día 19 dese mes. En todo intre estivo acompañado polo seu séquito, que en número non tiña a costume de baixar de trinta persoas. Unha delas era o citado Baldi, que realizou uns fermosos bocetos que, máis tarde, en Florencia, transformou nunha abraiante acuarela.

A Coruña por Pier Maria Baldi


No 2004, a Xunta realizou unha exposición sobre a visita de Cosme III de Médicis a Galicia, a onde entró por Tui o 1 de marzo do 1669. No catálogo da mostra, incluíase a imaxe da Coruña. Pero foi agora cando se publicou por primeira vez coma lámina, en concreto coma apoio do libro A cidade da Coruña que visitou Cosme III de Médicis , obra de Xosé A. Neira Cruz. O libro, deseñado por Galicia Comunicación para a Fundación Caixa Galicia, é un relato polo miudo da estancia do príncipe toscano nestas terras. Por primeira vez, os textos sobre A Coruña dos cronistas que acompañaron a Cosme III foron traducidos ó galego, ó castelán e ó inglés. Ata o de agora, so podían ser consultados no orixinal, italiano antigo.

Xosé A. Neira Cruz, profesor na Facultade de Xornalismo de Santiago, confirma que a de Baldi é a primeira imaxe que hai da Coruña, ata entón so representada en plano. Das duascentas ilustracións que inclue o libro dese viaxe (que incluíu outros países) do príncipe, a herculina «é unha das máis bonitas, e a única feita en panorámica, case en cinemascope . Debeulle impresionar a orografía desa cidade».

--------------------------------------------------------------------------------------
Fonte da nova:

- http://www.lavozdegalicia.es/ed_corunia/noticia.jsp?CAT=127&TEXTO=5256297

Urbanismo: O Concello e o Porto comezan a reforma da Marina

Facer a dársena do século XXI. Ese é o obxectivo, en palabras de Javier Losada, do acordo asinado entre o alcalde e o presidente da Autoridade Portuaria, Macario Fernández-Alonso. Con dita sinatura comezan os trámites para a reforma da Marina, sendo o primeiro deles a convocatoria dun concurso de ideas para facer o proxecto. «Sabemos lo que queremos, como dice la canción, pero esta es una zona de gran responsabilidad y por eso deseamos que los que saben más nos hagan llegar sus ideas», dixo Losada.

O gañador de dito concurso será o encargado de redactar o proxecto técnico e ademáis haberá dous accésit, cada un deles dotado con 12.000 euros.



A integración da cidade no porto, e viceversa, é o argumento básico dunha reforma que deberá, segundo indicou o alcalde, redistribui-lo tráfico na zona, tendo en conta ademáis que é punto final do transporte público, así coma «ordenar los túneles», arranxa-lo encontro entre a zona antiga e a nova e «darles una nueva dimensión a los jardines de Méndez Núñez que no pueden ser simplemente el lugar donde acaba la ciudad y empieza el puerto».

Os honorarios de redacción do proxecto de reforma non poderá ser maior ós 660.000 euros e o xurado que fallará o concurso estará presidido polo concelleiro de Urbanismo, sendo o vicepresidente o director da Autoridade Portuaria.

Macario Fernández-Alonso, ó igual que Javier Losada, recordou que a dársena cumpre un século o vindeiropróximo ano e aludiu a un recente estudo universitario sobre os beneficios económicos do puerto sobre a cidade.

--------------------------------------------------------------------------------------
Fonte da nova:

- http://www.lavozdegalicia.es/se_maritima/noticia.jsp?CAT=109&TEXTO=5241403

jueves, octubre 26, 2006

Economía: Banco Pastor atópase entre as 100 empresas europeas que máis medran no 2006.

Banco Pastor situouse no posto 93 na edición 2006 do estudo anual Europe´s 500. Firmas medianas de rápido crecemento, xeradoras de emprego, feito pola asociación Entrepreneurs for Growth, segundo informou onte a propia entidade galega.



"Ser seleccionados por el estudio Europe's 500 demuestra, una vez más, que Banco Pastor es una empresa con visión y capacidad para cumplir los objetivos marcados", comentou José María Arias, presidente do Banco Pastor.

Das 500 empresas seleccionadas neste estudo, trinta delas son españolas, frente ás 17 do ano anterior. Ademáis, Banco Pastor é unha das seis compañías españolas que figuran entre as 100 primeiras do ranking.

A iniciativa Europe's 500, deseñada en 1996 pola Comisión Europea, é a única listaxe pan-europea sobre as empresas de rápido crecemento, xeradoras de emprego. Todos os países da Unión Europea ademáis de Islandia, Noruega e Suiza están representados nesta clasificación.





Distribución por actividades das empresas integrantes do Europe's 500


Para que unha compañía sexa considerada debe ter canto menos unha antigüidade de catro anos, empregar a mási de 50 profesionais a finais do ano 2002 e menos de 5.000 a data de decembro de 2005, así como obter resultados anuais positivos en canto menos un dos tres últimos exercicios.

A entidade financeira atópase de cheo nun proceso estratéxico de crecemento ó final do cal agarda triplica-lo seu tamaño. Polo de pronto, o Pastor amosará os seus resultados a vindeira semana.

--------------------------------------------------------------------------------------

Fonte da nova:

- www.elidealgallego.com

- http://news.investinfrance-nordic.org/11/index-filer/breakdown_1.gif

miércoles, octubre 25, 2006

Urbanismo: O Concello e a Consellería de política territorial colaborarán na redacción da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Concello e a Consellería de Política Territorial colaborarán na redacción da revisión do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal datado de 1998 da cidade. Así o acordou o último Consello da Xunta coa finalidade de actualiza-lo plan para o futuro desenvolvemento urbanístico da cidade.



PXOM A Coruña 1998


As dúas administracións cofinanciarán a redacción do renovado Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Para elo, asinarán de seguido un convenio para contar cun plano que persiga un desenvolvemento urbanístico equilibrado e sostible e artellado para o futuro desenvolvemento da cidade.

O novo documento que fará o Concello estará adaptado ás novas normativas e regulamentos, incorporará a reordenación do ámbito portuario e un estudo sectorial sobre infraestructuras de comunicacións. Ademáis, incluirá estudos sectoriais relativos a espazos e políticas ambientais, sobre zonas empresariais e loxísticas e, finalmente, sobre equipamentos e dotacións públicas.

--------------------------------------------------------------------------------------

Fonte da nova e imaxes:

- www.aytolacoruna.es

- www.xunta.es

Economía: Caixa Galicia á busca de inversores para crear unha industria médica galega.

O director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez López, manifestou fai uns días o interese da entidade financeira coruñesa por "crear una industria médica y clínica" a nível autonómico para o cal iniciouse o proceso de "búsqueda de inversores para atraer los fondos necesarios".

Esta iniciativa enmarcaríase na política de Caixa Galicia no área da saúde, que se desenvolve a través da súa Obra Social, fundamentalmente en materia deTerceira Idade, para a que se financian na actualidade diversos campos de investigación e se sosteñen varias residencias de asistencia para maiores.




Méndez López realizou estas declaracións no transcurso da presentación da denominada "Semana de la salud", unha acción coordinada polo profesor Alfonso Castro Beiras, director do Instituto de Ciencias da Saúde da Universidade, e auspiciada pola entidade financeira coa finalidade de "transmitir cuáles son los conocimientos imprescindibles para gozar de buena salud", segundo declarou o citado Castro Beiras.

CXG Corporación Caixa Galicia merca o 1% de Galp> CXG Corporación Caixa Galicia ven de adquirir o 1% de Galp coincidindo coa saída a bolsa da compañía portuguesa. Esta porcentaxe súmase ó 4,5% que a entidade ten na empresa enerxética lusa de xeito indirecto, a través de Investimentos Ibéricos, sociedade participada por CXG Corporación Caixa Galicia (45%) e Américo Amorim (55%).

Con esta toma de participación, Caixa Galiciaa consolida a súa posición no sector enerxético ibérico, ó dispoñer de preto do 10% en Unión Fenosa e un 5% en Sacyr, que recentemente adquiriu un 9,24% do capital de Repsoll. En empresas non cotizadas controla un 25,93% en Reganosa, 20% en Norvento e o 10% de Gas Galicia.

--------------------------------------------------------------------------------------
Fonte da nova:
- www.elidealgallego.com

- www.xornal.com